Como vostedes saben, recentemente renovouse a xunta directiva do RECREO CULTURAL DE A ESTRADA. É un pracer presentarlles a todos vostedes o novo equipo directivo:
Presidente: D. carlos Failde Pereiras
Vicepresidenta: Dª. María Isabel Porto Tato
Secretario: D. Emilio Rey Pereira
Tesoureiro: D. Albino Diéguez López
Vogal: D. José Manuel Vidal Sánchez
Vogal: D. Juan Antonio Sánchez Muñoz – Redondo
Vogal: D. Javier Campos Dono
Queremos aproveitala ocasión para comunicarlles que os novos obxectivos mais inmediatos son os de continuar a labor con respecto a estes últimos anos, tratando de resolver as principais inquedanzas dos nosos asociados. Nestes próximos 4 anos traballaremos de forma coordinada para mellorar en todo o posible as instalacións e as actividades do Recreo Cultural, tratando de consolidar as actividades para os socios e aumentando os servizos da Sociedade.
Somos un equipo novo, forte e con moita ilusión polo que queremos animar a tódolos sociosaos socios a que se acheguen ao Recreo Cultural e gocen del, pois cantos mais sexamos, mais peso terán as nosas demandas, más proxectos se poderán poñer en marcha e máis aportacións poderemos ofrecer á Sociedade en beneficio de todos e todas.
Estando a vosa disposición para calquera necesidade, dúbida ou inquedanza, reciban un afectuoso saúdo,
RECREO CULTURAL
Os seus fins principais son esencialmente culturais e deportivos, sendo o obxecto principal proporcionar ós socios e familia un punto de reunión onde atopen distraccións lúdicas e eductivas, así temos dous equipos de tenis, un feminino e outro masculino.
Hoxe en día esta Sociedade está formada por máis de 600 socios de número, que representan aproximadamente outras tantas familias.
Para poder ser socio de número do R.C. son precisos os seguintes requisitos:
· Pagar unha cota de entrada. Se é fillo de socio está exento.
· Pagar a cota mensual
· O feito de ser socio implica a aceptación dos seus estatutos.
O R.C., sito no lugar de Montecelo-Toedo de A Estrada, ten unha superficie aproximada de 16.000 m2. As instalacións están compostas por: cociña, bar, tres salóns sociais (un deles de xogos, outro de comedor) oficinas administrativas, dúas terrazas, dúas piscinas (unha delas infantil), dúas pistas de tenis, estando unha dotada de luz artificial, unha pista polideportiva, tamén con luz artificial, un pequeno parque infantil e grandes zonas verdes.
Debo, no nome do equipo de traballo que presido, darlles as gracias ós/as estradenses que forman esta grande Sociedade e que nos axudan en todo momento, sabendo que son o obxecto e fin último de todo o traballo por nós realizado, e ós que aínda non son socios, invitarlles a formar parte deste gran colectivo e así aproveitar das súas instalacións, que pouco a pouco se irán engrandecendo.
Un saúdo do Presidente. Carlos Failde Pereiras
A Xunta Directiva do Recreo Cultural de A Estrada.
Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Teléfonos: 986 57 00 37 / 606 42 36 8